O Traballo Fin de Máster (en diante TFM) basease en contidos relacionados con algún dos módulos do máster. O tema do TFM poderá estar relacionado con algún problema identificado no contexto institucional no que foi realizado o Practicum. Neste sentido, a utilidade do traballo será un criterio a considerar na súa avaliación.
O enfoque desde o que se aborda o problema pode ser diverso e ter diferentes obxectivos; por exemplo:
- Avaliación dalgún aspecto profesional do servizo ou institución onde se realizaron as prácticas
- Deseño dun programa de intervención, suficientemente detallado como para poder ser aplicado. Deberá ter en conta a perspectiva da diversidade abordada no título
- Aplicación e avaliación dun programa de intervención
- Estudo de casos
Traballo Fin de Máster – curso 2020/2021
Normativa
Documentación
Calendario de defensa do TFM
Convocatoria | Conformidade titor | Solicitude de defensa | Defensa |
---|---|---|---|
Adiantada | 11/02/2021 | 12/02/2021 | 19/02/2020 |
Xuño | 15/06/2021 | 16/06/2021 | 22/06/2021 |
Xullo | 15/07/2021 | 16/07/2021 | 23/07/2021 |
Setembro | 14/09/2020 | 15-16/09/2020 | 18/09/2020 |