O Traballo Fin de Máster (en diante TFM) basease en contidos relacionados con algún dos módulos do máster. O tema do TFM poderá estar relacionado con algún problema identificado no contexto institucional no que foi realizado o Practicum. Neste sentido, a utilidade do traballo será un criterio a considerar na súa avaliación.
O enfoque desde o que se aborda o problema pode ser diverso e ter diferentes obxectivos; por exemplo:
- Avaliación dalgún aspecto profesional do servizo ou institución onde se realizaron as prácticas
- Deseño dun programa de intervención, suficientemente detallado como para poder ser aplicado. Deberá ter en conta a perspectiva da diversidade abordada no título
- Aplicación e avaliación dun programa de intervención
- Estudo de casos
Normativa
Traballo Fin de Máster – curso 2026/2027
Calendario de defensa do TFM
| Convocatoria | Solicitude | Depósito | Defensa |
|---|---|---|---|
| Febreiro | 15/02/2027 | 18/02/2027 | 22/02/2027 |
| Xuño | 14/06/2027 | 17/06/2027 | 21/06/2027 |
| Xullo | 12/07/2027 | 15/07/2027 | 19/07/2027 |
Coordinación do TFM
Mª Pino Díaz Pereira