• CB06: Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  • CB07: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  • CB08: Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  • CB09: Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  • CB10: Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
  • CG01: Adquirir unha formación teórica de carácter multidisciplinar e comprender os fundamentos teóricos-prácticos relacionados cos ámbitos de diversidade, con énfase nas necesidades educativas especiais, interculturalismo, compensación de desigualdades, sexo/xénero e educación de persoas adultas.
  • CG02: Coñecer e analizar as situacións reais de diversidade que se poden ver reflectidas nos contextos educativos, tanto formais como non formais, empregando procesos sistemáticos de indagación.
  • CG03: Establecer contacto directo con experiencias innovadoras relacionadas coa diversidade, valorando o seu interese e as posibilidades de ser transferidas a outros contextos profesionais semellantes, así como de ser aplicables a situacións novas e emerxentes.
  • CG04: Favorecer a adquisición dos coñecementos e destrezas idóneas para o deseño, posta en práctica e avaliación de propostas de intervención no ámbito da diversidade, ofrecendo novas iniciativas na resolución dos problemas.
  • CG05: Adquirir un compromiso ético no desenvolvemento da profesión, especialmente no referido ao apoio dos colectivos e sectores sociais discriminados e menos favorecidos.
  • CE01: Comprender os principios básicos dos grandes ámbitos da diversidade desde unha perspectiva multidisciplinar, sendo capaz de describir e comparar as diferentes correntes teóricas dominantes en cada ámbito.
  • CE02: Adquirir habilidades básicas de deseño, aplicación e avaliación de propostas de intervención dirixidas a traballar coa diversidade, valorando especialmente as achegas innovadoras.
  • CE03: Ser capaz de analizar prácticas profesionais relacionadas co tratamento da diversidade, detectando puntos fortes e débiles, con especial énfase nas de carácter innovador.
  • CE04: Realizar estudos sistemáticos, sobre todo os que impliquen avances de prácticas educativas, sendo capaz de difundilos con claridade a diverso tipos de audiencias.
  • CE05: Elaborar materiais específicos para traballar coa diversidade, valorando, na medida das posibilidades, a súa aplicación na práctica.
  • CE06: Coñecer a lexislación básica referida á diversidade nos contextos educativos e socio-educativos, analizando a súa implicación no exercicio profesional.
  • CE07: Identificar os servizos de apoio escolares e socio-comunitarios que poden ser de utilidade no ámbito da diversidade.
  • CE08: Planificar e organizar traballos tutelados, sendo capaz de buscar e analizar información procedente de diferentes fontes, obter e analizar datos e elaborar con corrección un informe relacionado con algún dos módulos do máster.
  • CE09: Comprender, analizar e valorar as dimensións éticas e políticas implícitas nos procesos educativos formais e non formais en contextos de diversidade.
  • CE10: Relacionar os contidos do máster coa experiencia persoal e con situacións educativas reais, mediante a utilización de narracións autobiográficas.
  • CE11: Coñecer e aplicar procesos de toma de decisións relacionadas co tratamento da diversidade. Ser capaz de discernir as ideas nas que se fundamentan esas decisións, anticipando tamén os seus efectos.
  • CE12: Ser capaz de emitir unha valoración crítica sobre programas, materiais e prácticas educativas e socio-educativas relacionadas coa diversidade.
  • CE13: Promover unha actitude positiva cara ás ideas e as prácticas educativas innovadoras relacionadas coa diversidade.
  • CT01: Utilizar as novas tecnoloxías en diferentes contextos: formativos, de investigación, de aplicación profesional, para difundir e compartir ideas, etc.
  • CT02: Dominar diferentes estratexias metodolóxicas co propósito de mellorar as condutas profesionais e facilitar a aprendizaxe autónoma, a través do emprego de recursos como os contratos de aprendizaxe, a aprendizaxe baseada en problemas ou o uso de portafolios.
  • CT03: Adquirir condutas de respecto e de axuda. Ser sensibles a todo tipo de diversidade.
  • CT04: Adquirir as habilidades básicas para o debate e a exposición de ideas fundamentadas.
  • CT05: Favorecer o traballo cooperativo, asumindo responsabilidades e aceptando a disparidade de opinións.