Inicio

 

Máster en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos

Convivir coa diversidade, e sobre todo aprender de e con ela, é un requisito necesario para o desenvolvemento harmónico das sociedades actuais

Este máster xurde da constatación de que nos ámbitos educativos esta presente esa diversidade.

Nin as institucións, nin os profesionais que nelas exercen, poden ignorar tal situación e as necesidades específicas que xurden dela, debendo atender ás novas esixencias reclamadas dende unha realidade moi complexa que requiere ao tempo igualdade de oportunidades, compensación das desigualdades e dereito á diferenza.