Xornada de acollida 2024

A xornada de acollida do Máster en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos realizarase o vindeiro 11 de setembro ás 16.00 horas na aula 2.4 da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense.

É moi importante a asistencia á devandita sesión xa que se explicarán aspectos fundamentais sobre a planificación académica e os recursos dispoñibles para o estudantado do mestrado, indispensables para a boa marcha e o aproveitamento do curso.

Máis información