Máster en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
Convivir coa diversidade, e sobre todo aprender de e con ela, é un requisito necesario para o desenvolvemento harmónico das sociedades actuais
Este mestrado xorde da constatación de que nos ámbitos educativos esta presente esa diversidade. Nin as institucións, nin os profesionais que nelas exercen, poden ignorar tal situación e as necesidades específicas que xurden dela, debendo atender ás novas esixencias reclamadas dende unha realidade moi complexa que require ao tempo igualdade de oportunidades, compensación das desigualdades e dereito á diferenza.