Casal de la Fuente

Profesor/a axudante doutor/a

Área de Didáctica da Expresión Musical
Departamento de Didácticas Especiais

Información de contacto

Facultade de Educación e Traballo Social
Pavillón 1, Planta 1, Despacho 2
As Lagoas, s/n
32004 Ourense

+34 988 387 184
lucia.casal@uvigo.gal

Breve CV

Cantante e licenciada en Psicopedagoxía, con másteres en terapia e en procesos de formación. No período 2014-2021 traballou na USC como docente do Departamento de Pedagoxía e Didáctica (7 anos) e de técnica tanto de proxectos internacionais (10 meses) como de formación e innovación docente (9 meses). Dende o ano 2021 é docente e investigadora na Área de Didáctica da Expresión Musical da UVIGO. Con formación e experiencia en didáctica e en técnica vocal, ten exercido de profesora en escolas de música, e fixo estadías de investigación e docencia en Italia, República Checa, Arxentina, Inglaterra, Brasil e Portugal, nas que combinou o estudo da educación vocal, a cantoterapia, o canto e a educación musical, a educación infantil, a innovación e a equidade. A súa tese de doutoramento “Boas prácticas psicopedagóxicas para a educación vocal e do canto na infancia: estudo de casos en dous programas de referencia internacional” foi dirixida por Miguel Ángel Zabalza e Carol Gillanders. É coordinadora do proxecto psicopedagóxico de educación vocal e canto VOCES LEDAS, e participa en congresos e seminarios educativos, sendo tamén autora de diversas publicacións e colaboradora de grupos de investigación nacionais e internacionais.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

2º cuadrimestre

Investigación

Grupo de investigación

Didáctica especial 6: actividade física, expresión e creatividade

Liñas de investigación

  • Educación vocal e do canto; técnica vocal; cantoterapia
  • Infancia e educación musical: ambientes de aprendizaxe e coreografías didácticas
  • Boas prácticas, innovación e equidade na educación musical