Asignación de entidades de prácticas 2019/2020

Proceso Data
Publicación da oferta de prácticas: 17 de xullo de 2019
Prazo de presentación de solicitudes: do 17 ao 19 de xullo de 2019
Resolución provisional de asignación de despachos 22 de xullo de 2019: Listaxe
Reclamacións fronte á resolución provisional: ata o 30 de xullo de 2019
Resolución definitiva de asignación de despachos: 31 de xullo de 2019: Listaxe
Depósito da formalización do compromiso de prácticas *: ata o 3 de setembro de 2019
Comezo das prácticas: 4 de setembro de 2019
Finalización das prácticas presenciais **: 13 de xaneiro de 2020

Formalización do compromiso de prácticas: o estudantado deberá elixir unha das prácticas ofertadas e asinar o compromiso do estudante, antes de comezar as prácticas. Para que a práctica quede formalizada, o titor/a profesional, titor/a académico e estudante, deberan asinar a formalización da práctica (anexo II do regulamento de prácticas externas). Dito documento deberá estar depositado a disposición do coordinador/a de prácticas antes do día 3 de setembro de 2019.

** Finalización de prácticas: o estudantado ten de prazo para facer entrega da memoria de prácticas externas xunto co informe do estudante (anexo IV) ata o día 17 de xaneiro de 2020 ás 14.00 horas.

 

De acordo co artigo 7 do Regulamento de Prácticas externas do Máster Universitario en Avogacía da Facultade de Dereito:

  1. No cuadrimestre anterior ao comezo das prácticas, a comisión académica do mestrado (CAM), por proposta do coordinador/a profesional do mestrado, publicará a oferta de prácticas e fará constar, na medida do posible, os seguintes datos:
    • O nome ou razón social das entidades colaboradoras onde se desenvolverán as prácticas, con indicación das prazas ofertadas por cada unha delas
    • O centro, localidade e dirección onde terán lugar
    • O proxecto formativo, actividades e competencias que se desenvolverán
    • As datas de comezo e fin das prácticas, así como a súa duración en horas, con indicación do número de horas diarias de dedicación ou xornada e horario asignado
    • O titor/a académico e profesional asignado a cada praza
  2. A citada oferta será obxecto de publicidade entre o estudantado a través dos taboleiros de anuncios da Facultade de Dereito e da páxina web do Máster universitario en avogacía
  3. Abrirase un prazo non superior a dez días para que o estudantado lle manifeste as súas preferencias por escrito ao coordinador/a profesional do mestrado (modelo de solicitude, anexo I)
  4. Corresponderalle realizar unha proposta de asignación ao estudantado das prazas de prácticas externas ao coordinador/a profesional do mestrado, tendo en conta os seguintes criterios, na orde de prelación que veñen establecidos, e garantindo, en todo caso, os principios de transparencia, publicidade, accesibilidade universal e igualdade de oportunidades:
    • As preferencias do estudantado
    • Criterios obxectivos de mérito e capacidade resultantes da nota media do expediente académico da titulación de acceso para a materia Prácticas Externas Básicas e das avaliacións do período formativo do mestrado para a materia Prácticas Externas
    • A adecuación do currículo de cada estudante ás características propias da actividade profesional desenvolvida no despacho e na área de traballo das prazas ofertadas

    No caso de discapacidade do estudantado, outorgaráselle prioridade co obxecto de que poida optar a empresas en que estean aseguradas todas as medidas de accesibilidade universal, incluídas as referidas ao transporte para o seu traslado e acceso a estas

  5. Esta proposta será elevada á CAM, que aprobará e publicará unha resolución provisional de adxudicación das prácticas ofertadas. O estudantado que non estea conforme con ela contará cun prazo de cinco días hábiles para presentar as súas reclamacións ante a CAM, que as resolverá no prazo máximo de sete días hábiles e ditará a resolución definitiva de asignación das prácticas
  6. O estudantado deberá elixir unha das prácticas ofertadas e asinar o compromiso do/a estudante antes de comezar as prácticas. Unha vez aceptada unha das prácticas non poderá cambiala. E para que a práctica quede formalizada o titor/a académico, o titor/a profesional e o/a estudante deben asinar a formalización da práctica (anexo II, formalización da práctica académica externa). O documento deberá estar depositado a disposición do coordinador/a de prácticas antes do seu comezo

 

Normativa de prácticas

Normativa de prácticas externas