Campus del Agua

Admisión

Órgano de admisión. Estrutura e funcionamento


O órgano de admisión será a Comisión Académica do Mestrado (en adiante CAM), formada pola presidenta (que será a coordinadora da CAM), a secretaria (nomeada pola dirección do centro no que está adscrito o mestrado), unha persoa representando á Comisión de Calidade do centro no que está adscrito o título e 4 vogais con docencia no mestrado.

O órgano de admisión funciona colexiadamente. Todos os membros teñen voz e voto e as súas decisións adoptaranse por maioría simple en forma de acordos. Reunirase, previa convocatoria para establecer o sistema de admisión, a selección do estudantado, e os criterios de avaliación, e para seleccionar ao estudantado para bolsas ou estadías de mobilidade noutros centros ou institucións.

Como comisión académica encárgase, ademais, da elaboración do regulamento de réxime interno da propia comisión, de vixiar o cumprimento da actividade docente e académica, de emitir os informes para o recoñecemento de competencias e de formular as demandas de recursos humanos e materiais necesarios para o bo funcionamento do mestrado.


Selección


A selección realizarase por expediente académico, dentro dos diferentes grupos:

  • 22 prazas para Graduados/as en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Social, Traballo Social, Pedagoxía ou Psicoloxía, así como para titulados en estudos universitarios extinguidos equivalentes.
  • 6 prazas para quen posúa outros títulos universitarios oficiais españois, ou calquera outra titulación oficial equivalente. De non cubrirse as prazas deste último grupo acumularanse ao colectivo anterior.
  • 2 prazas para estudantado estranxeiro do EEES, con estudos relacionados coa educación ou a intervención social ou socioeducativa. Deberán posuír dominio oral e escrito aceptable do español, galego ou portugués. No caso de non ser cubertas estas prazas poderán ser acumuladas ao primeiro grupo.
  • 2 prazas para estudantado estranxeiro alleo ao EEES, cos requisitos mencionados no grupo anterior.

Complementos formativos


Non existen complementos formativos para a admisión no mestrado.